Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Beixos de lingua, de Paco Barreiro

Paco Barreiro

Beixos de lingua

Xerais, Vigo, 96 páxinas, 12,50 €, 2017

 

Se hai libros sorprendentes que posibilitan decatarse das posibilidades lúdicas, visuais e sonoras que encerra a nosa lingua a través dun libro de poemas este de Paco Barreiro é un deles. Beixos de lingua transita con convicción este territorio pero, se cadra, aínda vai máis alá.

Abeirado a unha tradición pouco frecuentada na nosa literatura como é esa que se mergulla noutras potencialidades expresivas, lúdicas e estéticas que suxire a poesía -de aí que este sexa un libro para ler en voz alta-  encarréirase a través de dúas seccións: a primeira, “Enredando coa lingua”, incorpora un número notable de composicións onde a polifanía de modelos e figuras gramaticais coas que se constrúe,  en tantas ocasións humoristicamente, o caligrama é o trazo común deste bloque, xogando cunha apreciable variedade de corpos tipográficos, que fai pensar, por certo, no arduo labor de ideación e composición dos mesmos pero tamén no complicado labor de edición dun volume que, neste e noutros aspectos, deita un resultado espléndido. Velaí aliteracións, xogos de palabras, paronomasias, equívocos, calambures e unha longuísima nómina de figuras que permiten a construción de composicións en tantas ocasións inesperadas e que van alimentando, de seu, a vontade de coñecer máis.

A continuación, a sección “De ida e volta” acolle composicións incluídas no xénero dos palíndromos, terreo que traballou no seu día con fortuna Gonzalo Navaza,  tan operativos para gozar e verificar os dotes de enxeño na construción dos mesmos por parte do autor, obtendo resultados de inestimable beleza estética.

Un libro, claro é, que contén un valor por si mesmo por reactivar o factor lúdico, visual, rítmico e musical da poesía. Persoalmente vai xa para a mochila do curso vindeiro pois resulta indubidable a súa  potencialidade como unha rendible e útil ferramenta pedagóxica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o 10 Agosto 2017 por en Crítica literaria,Literatura galega,Poesía , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: