Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Bernardino Graña

Hai tempo que o Caderno da crítica quería incorporar, na súa sección “manuscritos”, un texto de Bernardino Graña. Fágoo hoxe, vinte e sete de setembro, día en que o autor fai oitenta e cinco anos, grazas á desinteresada e amable colaboración do profesor Alexandre Ripoll Anta.

Traio aquí, pois, un fragmento manuscrito dunha das diferentes versións que foron construíndo o libro Vinte cantigas de escarnio. Da man de Benardino Graña veñen, nesta ocasión, os versos da cantiga  “Dade-m’alvíssara, Pedr’Agudo” de Pero da Ponte, adaptada ao galego actual.

Todos os parabéns para Bernardino, poeta grande, entrañable e inesquecible persoa.

 

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: