Celebrouse onte o roteiro literario, organizado polo CAFI, inspirado n´O espello do mundo. Para min supuxo unha xornada emocionante percorrer aqueles espazos que, dalgún xeito, se recrean na novela e que se dese lectura a algúns fragmentos daquela: desde os camiños de Escudeiros ao val e á canle ata San Paio dos Pitos, Milmanda ou o propio San Pedro de Ramirás. Só teño palabras de gratitude para todas as persoas que o fixeron posible e que participaron con tanto interese. Foi unha xornada moi feliz que propiciou o reecontro con vellas amizades e a descuberta doutras. Grazas sempre.
Foi un día fantástico. Moitas grazas por compartilo con nós !!!
Foi fantástico e marabilloso para min tamén. Moitas grazas!