Entrega do 1º Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey

Este vindeiro domingo 5 de novembro, ás 12 da mañá, na sala multiusos do Concello de Fornelos de Montes celebrarase a entrega do 1º Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey ao profesor e escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte. Será un pracer vervos alí.