1.– Principal trazo do seu carácter?
-O inconformismo, a compulsión.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Comprensión.
4.– A súa principal eiva?
-Todo o que conleva quitarlle horas ao sono e á tranquilidade.
5.– A súa ocupación favorita?
-Traballar coa palabra en todas as súas distintas vertentes. Mergullarme en filmes da Nouvelle Vague.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Poder vivir arredor da palabra e ter tempo libre para gozar dela, da arte e da vida. Construír sobre o equilibro.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Carecer de paixón.
8.– Que lle gustaría ser?
-Bailarina.
9.– En que país desexaría vivir?
-Na Bélxica que xa non é.
10.– A súa cor favorita?
-O negro.
11.– A flor que máis lle gusta?
-A lavanda.
12.– O paxaro que prefire?
-A curuxa.
13.– A súa devoción na prosa?
-Amélie Nothomb e Ana María Matute.
14.– E na poesía?
-Lois Pereiro e Xulio López Valcárcel.
15.- Un libro?
–La vieja sirena (José Luis Sampedro).
16.– Un heroe de ficción?
-Antoine Doinel.
17.– Unha heroína?
-Matilda.
18.– A súa música favorita?
-O rock progresivo (Pink Floyd, Steven Wilson), a chanson francesa (Jacques Brel, Françoise Hardy), o jazz e a música clásica (ante todo, Chopin).
19.– Na pintura?
-O surrealismo (Magritte) e todo o que o circunde (Paul Delvaux, Giorgio de Chirico). Renoir. Celso Varela.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Toda persoa que non deixe de aprender.
21.– O seu nome favorito?
-Amanda. Ten que ser fermoso levar o amor no nome.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-Que se fume en espazos cerrados sen ter en conta a presenza de persoas que non deberían ou non queren tragar o fume.
23.– O que máis odia?
-A violencia e a pasividade. Recoñezo que os erros gramaticais me suscitan demasiada carraxe…
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Os ditadores (Donald Trump tamén).
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún como tal, mais interésame o romanticismo das revolucións.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Destreza para a pintura.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
-Liviamente.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Estresada.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-“A corps perdu” é unha expresión francesa que debería ser aplicable a todo: “a corpo perdido”, é dicir, en corpo e alma, coa paixón na carne.