Souben onte polo chío dunha amiga, saíndo da Biblioteca Penzol de Vigo tras unha visita didáctica, que este blog fora galardoado na convocatoria anual d´Os mellores… que convoca a web Fervenzas Literarias e que moito agradezo pois sempre resulta un estímulo para continuar tras tantos anos de actividade. Vaia por diante a miña gratitude ao responsable de idear e pór en práctica este recoñecemento pois sei que estas iniciativas supoñen un enorme investimento de tempo e esforzo, mais teño para min que resultan relevantes para visibilizar na rede as dinámicas do noso mundo literario e cultural.
Claro é, grazas tamén a todas as persoas que participaron emitindo o seu voto e os meus parabéns tanto para quen ocupa algunha presenza das diversas categorías como para quen está ausente pois, nun sistema coma o noso, todo suma e constrúe.
Merécelo moito, polo teu inesgotable traballo a prol da literatura galega. Para min es todo un referente á hora de escribir e opinar sobre libros. Parabéns!!!
Moi amable, Tensy. Moitas grazas polas túas palabras, sempre. Unha forte aperta.
Parabéns, querido Ramón. Moi merecido.
Moi amable, Helena. Moitas grazas.