Palabras no espello: conversa con… Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro no Ateneo Atlántico (Vigo)

Este vindeiro mércores, 31 de xaneiro, ás 19 horas na Casa Galega da Cultura (Vigo) bota a andar outra nova iniciativa do Ateneo Atlántico de Vigo como é a estrea duns encontros que se realizarán baixo o fermoso título de “Palabras no espello”. Nesta ocasión serán Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro as dúas voces que dialogarán en primeira instancia para logo abrir a quenda de participación ao público asistente. Agradecido por brindarme a ocasión de presentar e moderar este acto. Máis información premendo aquí.