1.– Principal trazo do seu carácter?
– Enérxica, entusiasta e dispersa.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A constancia e a capacidade de rir e empatizar.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Non agardo nada, góstame a xente, compartir o tempo; ao coñecerse vai configurándose a amizade.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Non podería citar só unha pero nadar, escribir e pintar na seda diría que está axustadamente igualada con estar coas persoas que amo.
6.– O seu ideal de felicidade?
– O estado actual.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Traizoarme a min mesma.
8.– Que lle gustaría ser?
– Quen son.
9.– En que país desexaría vivir?
– Evidentemente neste, Galiza.
10.– A súa cor favorita?
– Verde.
11.– A flor que máis lle gusta?
– Todas, cada día descubro algunha nova, pero a flor da xesta branca e a do toxo son moi especiais. Aínda que son fan de todas as frores, sempre ando a plantar por todos lados.
12.– O paxaro que prefire?
– Moi difícil. Amo os paxaros, vivo nunha casa que é como un observarorio deles e estou descubrindo un mundo deles, ultimamente adoptounos unha garza que vén case todos os días repousar na nosa terraza. Non sabería cal escoller.
13.– A súa devoción na prosa?
– Una mujer habitada. Gioconda Belli.
14.– E na poesía?
– Pedro Salinas, Amadeu Vidal i Bonafont
15.- Un libro?
– Diari d’un jove maniàtic. Foi un deses libros que lin de nena que me fixo dubidar da realidade na que vivía. Non sei que pensaría se o leo agora de novo.
16.– Un heroe de ficción?
– Po, de Kung Fu Panda.
17.– Unha heroína?
– Chihiro.
18.– A súa música favorita?
– Non podería precisar. Depende moito do momento. Gosto dunha amplísimo abano musical…
19.– Na pintura?
– Monet, pero góstanme varias técnicas e o gravado xaponés é unha debilidade…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Miña mai.
21.– O seu nome favorito
– Só un?
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Varios…, pero sobre todo que se mofen da xente.
23.– O que máis odia?
– Estar lonxe dos meus amores.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Calquera ditador ou réxime ditatorial.
25.– Un feito militar que admire?
– 25 de abril. A revolución dos cravos.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O da flexibilidade.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– De súpeto.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Cambiante.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Que escapen ventosidades inapropiadas.
30.– Un lema na súa vida?
– Ata o infinito e máis alá!
Grazas por facer este gran traballo e por ter contado conmigo.
Un pracer e moitas grazas a ti pola xenerosidade e colaboración.