Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Estevo Creus

Estevo Creus

1.– Principal trazo do seu  carácter?

– A timidez.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A  capacidade de poñerse en dúbida e rir.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Cariño e comprensión.

4.– A súa principal eiva?

-O meu excesivo hedonismo?

5.–  A súa ocupación favorita?

– Practicar o White Techín ( mirar ao teito).  Disciplina acuñada polo amigo Arturo.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Pasar a vida viaxando. Aprender un cento de cousas. Amar?. Compartir corpos…?

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Perder a capacidade de abraiarme. Non sentir amor por nada.

8.– Que lle gustaría ser?

Viaxeiro a tempo completo/no seu defecto, escultor preto do mar.

9.– En que país desexaría vivir?

– Occidente non. Nun país bonito, he, …anarquía e mar?

10.– A súa cor favorita?

– A cor laranxa.

11.– A flor que máis lle gusta?

– A margarida.

12.– O paxaro que prefire?

– No mar o corvo mariño cristado…, na  terra o paporrubio…, non podo escoller entre os dous.

13.– A súa devoción na prosa?

– …Cortázar?

14.– E na poesía?

– Uf.. Ultimamente aquela que se rebela  contra a propia proposición lingüística como formato do saber/coñecemento.  Aquela que di sen dicir e sabe sen saber.  Por nomear unha das mellores experiencias poéticas, dicir que tiven a sorte de escoitar/viaxar na voz de Carlos Oroza. Habería tanta xente á que admiro…, ai!!

15-.Un libro?

– O que acabo de ler: Realidad y Mundos posibles. Los Actos de Imaginación que dan Sentido a la Experiencia. Bruner, Jerome. Un ensaio científico sobre os formatos da memoria, a persoa (identidade) como texto de ficción científica, e de como o relato constrúe a experiencia e os significados. Somos textos literarios? A deriva sería pensar quen constrúe o texto e quen impón o texto… Quizais Foucault poida dar algo de luz…, ou non…, non o sei…, moitos libros habitan este corpo e andan.

16.– Un heroe de ficción?

– Non son de heroes. Tampouco procuro salvadores.

 17.– Unha heroína?

– A mesma que arriba.

 18.– A súa música favorita?

– Son moi eclético…algo que influíu moito en min foi a experimentación de Steve Reich (LP: Different Trains) acompañado por Pat Metheny e a Kronos Quartet.

19.– Na pintura?

– Toda a pintura…, pero un cadro que segue a obsesionarme é Retrato duplo dos duques de Urbino  de Piero della Francesca. E xa van anos. Habería moita máis pintura. Pintar a mona por exemplo penso que é preciosísimo.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Ningún e  ningunha en particular. Calquera persoa boa e xenerosa…, o que signifique iso pois …., é outra leria.

21.– O seu nome favorito?

– Un topónimo: A derramada.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– O de xulgar e aconsellar cando ninguén pediu nin xuízo nin consello.

 23.– O que máis odia?

1) A ausencia do azar  nas ecuacións.

2) Que deter o sufrimento humano non sexa a nosa maior prioridade.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Gusto máis da intrahistoria. O abusón.

 25.– Un feito militar que admire?

– Creo que ningún.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– A valentía.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Tranquilo, sen dor, e a poder ser nun día soleado na praia de Carnota ou no mar do Rostro, en Fisterra.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– O estado..,. tranquilo/intranquilo felizmente borroso?

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– Uf…, cada defecto é unha virtude cada virtude é un defecto (penso eu). Supoño que NON sería indulxente coa ausencia de dúbidas.

30.– Un lema na súa vida?

– Van dous: 1)  O mapa non é o territorio e a palabra non é.  2) Amar sempre.

 

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 8 Febreiro 2018 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: