Cuestionario Proust: Ana María Fernández

Ana María Fernández

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

-A impulsividade e a resolución.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A empatía e a solidariedade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-A honestidade e a gana de compartir o seu tempo comigo.

4.– A súa principal eiva?

A impaciencia.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Escribir historias e poemas.

6.–  O seu ideal de felicidade?

Estar cos meus e vivir con intensidade cada momento da vida.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-A perda das persoas queridas.

8.– Que lle gustaría ser?

-O que son.

9.– En que país desexaría vivir?

No que vivo.

10.– A súa cor favorita?

-Azul, laranxa…, calquera.

11.– A flor que máis lle gusta?

As pequenas flores silvestres.

12.– O paxaro que prefire?

-As andoriñas, as merlas…

13.– A súa devoción na prosa?

X. L. Méndez Ferrín, Cunqueiro…

14.– E na poesía?

Rosalía, Lorca, Neruda…

15.– Un libro?

O Principiño.

16.– Un heroe de ficción?

Don Quixote.

17.– Unha heroína?

-Mafalda.

18.– A súa música favorita?

-A de Beethoven.

19.– Na pintura?

-Monet, Sorolla, Miró…

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Quen traballa por mellorar as vida dos demais sen pensar no propio beneficio.

21.– O seu nome favorito?

Xoán.

22.– Que hábito alleo non soporta?

A calumnia.

23.– O que máis odia?

– A agresividade.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-A de calquera ditador que só busca eliminar o contrario.

25.– Un feito militar que admire?

– Os servizos de salvamento nas grandes catástrofes.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-O da oratoria.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

-Coa maior tranquilidade e aceptación.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-A alegría.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

Os pequenos defectos da xente nova.

30.– Un lema na súa vida?

-Pensa cousas boas e fai sempre o mellor para todos.