A nova educación

Hai cincuenta anos o pedagogo Paulo Freire xa falaba da concepción bancaria da educación como un instrumento de opresión. Dita noutras palabras esta idea e máis cousas do que está acontecer hoxe no ensino como son o proceso de privatización crecente que se quere implantar, a aplicación de dinámicas de empresa que provocan desigualdades evidentes e unha clara ameaza ao funcionamento democrático da docencia pública, están recollidas nas diversas e valiosas opinións que articulan este vídeo.