Presentación, na Libraría Cartabón (Vigo), das biografías de Maruja Mallo e Xulia Minguillón

Este vindeiro xoves, 22 de febreiro, acompañarei á editora Andrea Jamardo, á ilustradora Eva Agra e ás escritoras Elvira Ribeiro e María Reimóndez, na libraría Cartabón de Vigo ás 20:00 horas,  na presentación das súas biografías infantís sobre Maruja Mallo e Xulia Miguillón publicadas por Urco Editora na colección “Mulleres bravas da nosa historia”. Será pracer vervos alí.