Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Vídeo-homenaxe a Mª Victoria Moreno

Gustei moito deste vídeo-homenaxe que o Instituto de Educación Secundaria Torrente Ballester, de Pontevedra, lle tributa a María Victoria Moreno e permítome difundilo por aquí.  Da man de Gaspar Broullón, responsable da súa realización, recóllense numerosas impresións de alumnado que pasou polas súas clases, alén do valioso testemuño de compañeiras e compañeiros do claustro no que ela traballou. O vídeo, como é lóxico, pon o foco no perfil de María Victoria Moreno como docente, mais tamén esvaran outras manifestacións  que completan e definen a súa dimensión humana.

Particularmente, tras visionalo un decátase tanto da fonda pegada que a autora que protagoniza o Día das Letras deixou en tantas persoas, algo que non sempre ocorre, como da evidente vocación como ensinante que sempre abrazou. Tamén un sente, non hai razón para ocultalo, certo orgullo por formar parte dunha educación pública secundaria pola que traballou unha persoa como María Victoria Moreno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: