Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Bragado

Pisei por vez primeira os locais de Xerais con Luís Mariño  aínda á fronte no ano 1986 e desde aquela ata hoxe nunca deixei de facelo pois alí cultivei amizades e afectos, e sigo a cultivalas afortunadamente. Nesa casa tratei a Bragado, xa antes da súa incorporación á dirección da editorial e hoxe causa baixa como Director Xeral a petición propia. Só queda, ao meu xuízo, respectar a súa vontade e desexarlle o mellor na nova etapa profesional que abraza. Teño para min que a súa decisión vai posibilitar, por extensión e aínda que el non o procure, que se valore na súa xusta dimensión, con xustiza e ecuanimidade, o ininterrompido e valioso labor que desde hai tantos vén realizando no mundo da edición e da cultura galega.

Afirmo isto porque Manuel Bragado, a quen me unen moitas cousas no territorio dos afectos e que é persoa de consensos, xeneroso, discreto e traballador constante, Beleiro ao fin e ao cabo, deixa un ronsel profesional brillante ao alcance de moi poucas persoas no mundo da edición en lingua galega contemporánea. Unha parte relevante da nosa literatura, mais tamén doutras moitas iniciativas nas que estaba a súa man detrás, atopou acobillo en Xerais porque cada proxecto, nas súas mans, sempre atopaba unha palabra de ánimo, sempre se matizaba para mellorar.  Cando menos esta é a miña experiencia con Bragado desde hai case trinta anos e sería inxusto non recoñecelo nun día coma hoxe. Grazas por todo e por tanto; polos quilómetros percorridos xuntos e polo tempo compartido en multitude de espazos; grazas polo apoio prestado, sempre. Non dubido que seguiremos véndonos no camiño.

Advertisements

2 comentarios en “Bragado

  1. Rafael Laso Lorenzo
    14 Abril 2018

    Comparto totalmente as túas reflexións, amigo Moncho.

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 12 Abril 2018 por en Opinión , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: