Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Feliz aniversario, mestre Oroza

 

Redescubrín, nalgún aspecto, a Carlos Oroza en Parada do Courel hai uns meses. O ronsel luminoso que expande a memoria de Uxío Novoneyra fíxoo posible; ronsel no que inclúo a Uxío Novo, que sabe explicar as cousas con paixón e con sentimento.

Fixo tamén o seu traballo a providencia laica da que fala sempre o meu amigo Manuel Bragado porque aquel día pasaba por Parada Xabier Romero e quixo deixarme na casa de Novoneyra un exemplar de Évame. E traio hoxe aquí a memoria deste libro único e senlleiro no que sería o aniversario do poeta, malia que calquera data sería boa. E tráioo malia ser consciente que non teño palabras para manifestar nada medianamente orixinal sobre este libro enorme, intenso e extenuante por poderoso, publicado hai xa seis anos pero que segue a escintilar coma se saíse onte do prelo. Évame, editado con tanto agarimo pola Editorial Elvira, atesoura nas súas páxinas as pegadas dunha vida como non houbo nin, probablemente, sexa posible que haxa outra: é o seu testamento, é o que nos deixou.

Magóame hoxe non ver a Oroza, nese seu andar perenne polas rúas de Vigo, pero coller este libro na man axuda a evocalo e a decatarse de canto foi o que perdemos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: