Os monos de Laxeiro. Obra humorística en prensa (edición de Javier Pérez Buján)
Laiovento-Fundación Laxeiro, Santiago de Compostela, 144 páxinas, 17,50 €
A acepción de “monos” como viñetas de carácter humorísitico e cómico que aparecían nos xornais, por veces cunha breve lenda narrativa, ou sen ela, practicamente desapareceu dos dicionarios. Con todo dou fe -pola miña memoria familiar- de que este termo tiña aínda vixencia na lingua oral das persoas de certa idade por volta dos anos setenta do pasado século.
Dun ou doutro xeito, baixo esta denominación recóllense nunha publicación, editada por Laiovento e pola Fundación Laxeiro, o conxunto de “monos” que Laxeiro publicou en dous medios xornalísticos vigueses –El Pueblo Gallego e Faro de Vigo– a finais dos vinte e xaneiro de 1930. Libro suscitado, ademais, pola exposición que, comisariada por Manuel Igrexas, sobre este motivo se pode visitar na Casa das Artes viguesa ata mediados do mes de setembro.
Os monos de Laxeiro, así pois, é un volume que todas as persoas interesadas en Laxeiro, interesadas na arte, no mundo do humor gráfico e da cultura en xeral deberían saber que existe pois alén do seu valor intrínseco ao rescatar esta faceta creativa de Laxeiro (unha cincuentena de mostras gráficas), axuda a entender o significado desta compilación. Neste sentido resultan fundamentais as achegas do responsable da edición deste volume -Javier Pérez Buján- que se centra nunha visión biográfica do Laxeiro na época en que estas viñetas se publicaron, a carón da análise destas pezas e o contexto en que naceron, vinculándoas co movemento de renovación artística galega en que o autor de Lalín desenvolveu un papel moi relevante. Ademais, Manuel Igrexas, incorpora unha colaboración, igualmente documentada e minuciosa sobre o significado desta recuperación e os limiares complétanse con outro artigo, nesta ocasión subscrito polo experto Félix Caballeiro, de carácter máis xeneralista sobre o humor gráfico galego.
Aplaudo a iniciativa da exposición e, loxicamente, a publicación deste libro que divulga unha parte substantiva do legado creativo de Laxeiro e que nolo achega con transparencia e rigor.
Laxeiro, Xosé Otero Abeledo é, entre outros o tamén galego Manuel Colmeiro que non se lembran cando se fala dela, os autores da capela sixtina Porteña nos ceo rasos das Galerias Pacifico, mágoa
súdos
Eu ben o sei e ben o lembro, prezado Ramón. Como esquecelo! Unha aperta atlántica, amigo Ramón. Saúde!