Presentación de Lapis na noite, na Feira do Libro de Ponteareas

Este vindeiro sábado 28 de xullo a Feira do Libro de Ponteareas, entre outras actividades, acollerá a presentación da novela Lapis na noite (Xerais). O acto comezará ás oito do serán e estarei acompañado por Manuel Bragado. Será un pracer vervos alí.