Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Puri Ameixide

 

Puri Ameixide

1.– Principal trazo do seu carácter?

– Son moi observadora.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A bondade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Que duren.

4.– A súa principal eiva?

– A preguiza.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Meditar.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Que a felicidade non depende das miñas circunstancias, senón da miña actitude.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

–  Sobrevivir nun mundo post-apocalíptico sen outros seres vivos en redor.

8.– Que lle gustaría ser?

– Eterna.

9.– En que país desexaría vivir?

Nunha Galiza soberana sin bruxas nin demos, sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos.

10.– A súa cor favorita?

–  As cores do viño tinto maduro na copa; os verdes, grises e azuis no mar: cada cor ten o seu lugar no mundo

11.– A flor que máis lle gusta?

–  Todas teñen o seu momento: as camelias no inverno, as gardenias no verán, e as ricas alcachofas no prato.

12.– O paxaro que prefire?

– Encántame pasear polo Esteiro do Miño no inverno observando as aves de ribeira, pero tamén me gusta o simpático paporroibo que me axexa mentres traballo no xardín, o canto do merlo e as bandadas de andoriñas.

13.– A súa devoción na prosa?

– As longas narracións do dezanove, en especial o Bildunsroman ou novela de aprendizaxe, foron ata agora o meu modelo. Orgullo e Prexuízo, Jane Eyre, David Copperfield, Guerra e Paz.

14.– E na poesía?

–  Non son lectora habitual de poesía pero agradezo a ocasión de mencionar a Carvalho Calero, quen ademais de permanecer inxustamente esquecido, cando se lembran del sempre se valoran outros aspectos da súa obra e non este, e el sempre quixo ser ante todo poeta.

15.– Un libro?

– Recentemente afeccioneime á divulgación científica e estou fascinada con Brian Green. Recoméndovos A realidade oculta, cambiará a vosa percepción do universo e de vós mesmos para sempre.

16.– Un heroe de ficción?

– Prometeo, que roubou o lume dos deuses para entregárllelo aos mortais.

17.– Unha heroína?

– Sherezade, capaz de salvar vidas mediante a literatura.

18.– A súa música favorita?

– Bruce Springsteen, e en xeral o rock. Pero eu crieime con Clásicos Populares e iso imprime carácter: cando estou realmente enferma, deprimida ou asustada, é a música de Beethoven a que me salva.

19.– Na pintura?

– Gústame moito Velázquez coa súa aparente facilidade, todos os impresionistas e a loucura visionaria de Chagall.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Hai millóns. Calquera persoa que fai, dentro das súas posibilidades, por un mundo mellor. A vida real está chea de heroes e heroínas cuxos nomes non saen nos periódicos.

21.– O seu nome favorito?

– Hermes Psicopompo.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– Non hai nada insoportable, chegado o caso todo se pode soportar. Pero prefiro a compañía de xente educada e considerada aos trolls.

23.– O que máis odia?

– Procuro apartarme das persoas que prexudican a outras persoas, a si mesmas ou o entorno, non por odio senón por prudencia.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Cústame desprezar a un ser humano, pero hai algunhas condutas ao longo da historia que preferiría que non se producisen: sería mellor para a humanidade non caer baixo o dominio de depredadores e xenocidas.

25.– Un feito militar que admire?

– Que Luke Skywalker voe a Estrela da Morte sen axuda do piloto automático, guiándose pola Forza.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– A sanación.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– En paz, aceptando o proceso e consciente de todo.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– Agradecida.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– Os que non magoen a ningún ser vivo.

30.– Un lema na súa vida?

-Pon atención ao momento presente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o 10 Agosto 2018 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: