Novidade (2): Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro. Un documental de Aser Álvarez (Arraianos Producións)

Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro é unha longametraxe documental de Aser Álvarez para Arraianos Producións, que conta cunha montaxe de Mario Burbano e música orixinal e ruídos de Lucía Martínez coas ferramentas do propio Francisco Leiro. O documental fixo o seguimento creativo do artista durante tres anos e anúnciase como o espello das condicións físicas e mentais do proceso creativo de Leiro. O documental acompáñase dunha publicación ad hoc que ve a luz co apoio da Deputación de Pontevedra.