Novidade (5): A Torre, de Antonio Sandoval Rey

Faktoría K estrea unha nova colección baixo a denominación de “Vitamina N, lecturas ao Natural” e faino cun libro do escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval Rey que, con A torre, en tradución de Xesús Fraga, realiza unha exploración por volta da Torre de Hércules que nos conduce polas impresións que suscitan nel a flora, a fauna, o ceo e o mar, claro, que a rodea, fiado con aspectos culturais e literarios de diversa orde que rescata para convidarnos “ao pracer da contemplación, a curiosidade, a creatividade e a memoria”.