Novidade (6): Alá onde nos leve o vento, de Miguel Ledo Roca e Carmela Franco Caaveiro

Estrea literaria en forma de libro independente dunha novísima poeta como é Carmela Franco Caaveiro, co primeiro proxecto ilustrado a cargo de Miguel Ledo Roca, ambos nados no ano 1999: Alá onde nos leve o vento (Toxosoutos), con limiar a cargo de Yago Rodríguez Yáñez, quen sinala que este libro “desprende unha terrible verdade: a nostalxia da existencia, a xeito de remorsos, lembranzas ou emocións arrebatadas”.