Carmen Carreiro e mais eu traballamos con intensidade nos últimos meses nun proxecto que agora ve a luz e que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, concretamente do departamento de Lingua e Cultura dentro das actividades englobadas no proxecto Ano da Lingua.
A apertura desta exposición itinerante, que percorrerá diversos concellos, realizarase este vindeiro xoves, día 13 de setembro ás oito do serán, na Sala das Cunchas do Grove. Contará asemade coa intervención da profesora e ensaísta Rosario Portela que se centrará no historia da edición galega. Os actos no Grove completaranse, ao día seguinte, coa proxección da película “A cicatriz branca” dirixida por Margarita Ledo Andión.
A escolla do Grove como territorio desde o que comeza este camiño unha exposición que pretende achegarse, abrazando un espírito divulgativo, á sorte que correu a cultura galega -a lingua, a edición no exilio ao longo ditadura franquista, non é inocente pois con este xesto recoñecemos o que supuxo para un escritor como Manuel Lueiro Rey a descuberta doutra Galicia en América.