Novidade (9): O ano da lebre, de Arto Paasilinna

En tradución de Tuula Ahola e Tomás González Ahola, a editorial Rinoceronte publica O ano da lebre, de Arto Pasilinna. Velaquí un fragmento da información subministrada pola editorial:

Nesta novela-debut de 1975, Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor.