Na inauguración da exposición GalizAmérica, no Grove

Foi un pracer volver onte ao Grove para inaugurar, con Carmen Carreiro, Xosé Leal e Ángeles Domínguez, en representación do Concello, a exposición GalizAmérica, que pretende divulgar o patrimonio cultural, político, literario, editorial e artístico que se atesourou durante os anos do exilio como un exercicio de memoria que, como non, repara nas dimensións que se xeraron en América na loita contra o fascismo.

A continuación Charo Portela ditou unha documentada conferencia centrada nos principais acontecementos vinculados co mundo da edición, da cultura e da política do exilio en México, Cuba, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Estados Unidos de América, Chile e Arxentina, facendo especial fincapé no labor desenvolto por Luís Seoane neste país.

Hoxe, no mesmo espazo da Casa das Cunchas do Grove, emitirase a película “A cicatriz branca”, dirixida por Margarita Ledo Andión, unha película de “silencios”, arredor da muller e o exilio. Grazas a todas as persoas que asistiron onte e ás que apoiaron o proxecto até facerse unha realidade.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

2 Comments

  1. mágoa deixar no camiño a cidade de A Coruña, nun tempo que a Deputación dende a vicepresidencia canda a área de cultura fican sensíbeis a estes feitos,
    e mesmamente do seu porto levaren cara a Cuba centos de traballadores escravos, ou milleiros de galegos ao resto de América, emigrantes, exiliados, fuxidos da posguerra incivil, e máis saíran xa no século XX,
    outra vindeira quenda quizais
    saúdos

Os comentarios están pechados.