Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novidade (12): Máis que ver. Cen historias de deseño na Galiza, de Pepe Barro

O deseñador gráfico Pepe Barro publica Máis que ver. Cen historias do deseño na GalizaDeixo aquí a información editorial sobre esta achega:

Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo que moitas veces non deamos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado. Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual, cen tixolos cos que axudar a levantar a historia da profesión na Galiza.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: