Hai xa vinte e cinco anos que se publicara a primeira tradución ao galego de The Wind in the Willows, baixo o título d´O vento nos salgueiros en tradución de Alberto Avendaño (Xerais), sospeito que hoxe descatalogada. Estes días comeza a distribuírse, no selo Sushi Books, unha nova tradución a cargo de Estela Villar deste inesquecible clásico de Kenneth Grahame. Pódense ler as primeiras páxinas premendo aquí.