Xa está na rede a primeira entrega da revista literaria Oceanum, que se pode descargar de balde premendo aquí. Dirixida polo profesor asturiano Miguel Á. Pérez acolle un bo número de textos de orientación diversa e plural vinculados coa literatura.
Hónrome de colaborar nesta estrea cun artigo sobre os dous textos gañadores dos últimos Premios da Crítica: Camuflaxe, de Lupe Gómez e Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira, en versión galega e castelá. Un pracer, longa vida e medre o mar para Oceanum.