Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Lapis na noite na libraría Cartabón (Vigo)

Este vindeiro mércores día 26 de setembro, Xerais e a libraría Cartabón de Vigo organizan un acto de presentación de Lapis na noite pois non podía faltar á palabra dada a Gonzalo e Maribel. O acto, que quere ser aberto e participativo e no que o libro sirva de motivo de falar de moitas cousas, vai estar arroupado por dúas persoas de excepción como son Carmen Álvarez, tamén coñecida como Carmiña de Soutomaior, a quen cheguei por esas cousas da providencia laica: Carmen, con familia orixinaria das Terras de Celanova, viviu a desaparición dun irmán en mans da ditadura cívico-militar arxentina e ofrecerá unha intervención en que será imposible omitir este feito e outros máis. Ao tempo, tamén terei a fortuna de que nos acompañe a miña admirada artista interdisciplinar e escritora Luz Darriba.

Será un pracer saudarvos na casa amiga de Cartabón, o vindeiro mércores, ás oito do serán. Tentaremos que non vos arrepintades de pasar por alí.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 20 Setembro 2018 por en Divulgación,Literatura galega,Presentación , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: