KalandrakaTV

O espazo Nemonon acolleu onte a presentación do proxecto KalandrakaTV nun acto que conduciu con moito acerto a actriz Bea Campos e que serviu para coñecer as liñas básicas desta canle de televisión dixital, destinada a acoller contidos informativos  vinculados coa Literatura Infantil e Xuvenil aínda que non só pois quen dubida que esta é, desde agora, unha ferramenta insustituíble para a promoción do libro e da lectura en moi diversos ámbitos.

Animo a pasear por esta televisión dixital materializada con fortuna e inspirada en criterios de calidade e convido a achegarse aos seus contidos onde non é difícil atopar sorpresas nese camiños onde intereseccionan os universos da creación literaria cos da ilustración, a lectura, as figuras mediadoras, o mundo das librarías e tantas cousas máis.  Os meus parabéns ao equipo de Kalandraka e a todas as persoas que, dun ou doutro xeito, son parte desta realidade.