Vídeo da presentación de “Lapis na noite” na libraría Cartabón (Vigo)

Este pasado mércores presentouse Lapis na noite na libraría Cartabón no barrio vigués dos Choróns e deixo abaixo o vídeo que recolle as imaxes e palabras daquel serán.

Foi un acto onde as intervencións de Carme Álvarez Domínguez (Carmiña de Soutomaior) e as de Luz Darriba provocaron momentos de moita intensidade emocional. Eu só podo dar as grazas a ambas as dúas pola súa presenza, polo que dixeron e polos seus testemuños; tamén a todas as persoas que asistiron á presentación, a Edicións Xerais e, loxicamente, a Gonzalo e Maribel, propietarios de Cartabón: unha libraría resistente, afouta, comprometida e un verdadeiro modelo do que deben ser as librarías de proximidade. Beizón.

2 Comments

Os comentarios están pechados.