Novidade (19): Pantallas, de Celia Parra

Tamén na editorial Galaxia, a poeta Celia Parra dá a coñecer o título Pantallas. No ano 2009 esta autora conseguira, con No berce das mareas, o galardón poético “Avelina Valladares” que publicara ese mesmo ano Edicións Fervenza. No 2012 publicou RE(C)verso, un cedé de audiopoemas e, hai pouco, impulsou e produciu o documental Versogramas. Velaquí o texto promocional deste libro que do que damos conta:

Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético.