Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Innocenti, máis perto

Non oculto a miña devoción por Roberto Innocenti e todo aquilo que cae nas miñas mans procedente deste artista florentino confirma a singularidade e talento dun dos grandes ilustradores das últimas décadas. Sospeito que na valoración inflúe a lectura dun libro singular como é Roberto Innocenti. El cuento de mi vida (Kalandraka, 2016) onde, a instancias da profesora Rossana Dedola, o autor de Mi barco confesa algunhas das claves da súa biografía, as súas lembranzas, as orixes da súa carreira profesional e, sobre todo, desvela a perspectiva que atesoura sobre a creación artística, ao que se engade unha apreciable e fabulosa escolma do seu traballo.

Asemade, hoxe podemos achegarnos ao territorio onde nacen eses soños através deste vídeo de KalandrakaTV que recomendo vivamente. Abaixo, unha foto da gravación con J.M. Sagüillo.

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: