Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novidade (25): A impaciencia do corazón, de Stefan Zweig

 

Hugin e Munin achega outra tradución de Stefan Zweig, un autor atendido especialmente nas traducións para o galego nos últimos tempos, cousa que me alegra pois ler a Zweig é sempre unha verdadeira regalía e unha garantía para quen se achegue á súa produción. Nesta ocasión A impaciencia do corazón  foi traducida por Rosa Marta Gómez Pato directamente do alemán.

Deixo aquí a nota informativa subministrada pola editorial:

 

 

 

A impaciencia do corazón é unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas. En 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convidado polos Kekesfalva, unha familia húngara de renome e posibles, ao seu castelo. Alí coñece a Edith, a filla discapacitada do patrón, que se namora perdidamente del. En troco, o militar compadécea, e máis nada. Xorde con tal premisa un relato doloroso e cru que, en ocasións tras o muro da covardía, outras da inacción e do infortunio, revela un impresionante fresco da condición humana, capaz de interpelar a calquera perfil de lector.

Construída cunha literatura de incontestable calidade (destacan a multiplicidade de voces, a alternancia temporal e a inclusión da corrente de conciencia), a obra evoca de maneira sutil e constante o destino tráxico da existencia. Dentro da novelística, supón un dos cumios da literatura europea de entreguerras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: