Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novidade (26): Pequena Inglaterra, de Ioanna Karistiani

Hugin e Munin completa a súa entrega trimestral co título Pequena Inglaterra, da escrita grega Ioanna Karistiani, nunha tradución realizada desde o grego orixinal por Alfonso Blanco. Velaquí parte da nota informativa subministrada pola editorial:

<<Pequena Inglaterra é unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle á súa autora, a cretense Ioanna Karistiani, o Premio Nacional de Literatura de Grecia. Dende aquela, sucedéronse as reimpresións e as traducións a multitude de linguas. Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das illas Cícladas, como marco principal da acción, e alicerzada cos vimbios característicos dunha traxedia clásica, a obra, partindo da personaxe protagonista, Orsa Saltaferos, afonda nas vidas dunha comunidade de mariñeiros ao longo da primeira metade do século XX. Traballo, desgrazas, vodas e amores cruzados, vencellos irrenunciables, solitarias travesías, paisaxes agrestes, a guerra…>>.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: