Asaltos! á letra: divulgación

Este vindeiro venres 9 de novembro, no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e coa colaboración de aCentral Folque, celebrarase a primeira sesión do ciclo Asaltos! Un ring ao redor da palabra: escrita, falada ou cantada no que pretende ser un encontro dialéctico co xornalista Óscar López, de Página 2, e Alejandra de Diego Lata, dinamizadora cultural e unha das propietarias da libraría Berbiriana, na Coruña, moderados polo escritor e director da Editorial Galaxia Francisco Castro. Será un pracer vervos alí.