Novidade (31): O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño

Está a chegar estes días ás librarías un libro absolutamente recomendable. Trátase de O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético onde Yolanda Castaño antologa unha traxectoria de traballo no ámbito da poesía de máis de vinte e cinco anos para o que convidou a corenta salientables ilustradoras e ilustradores a interpretar, artisticamente, cada un dos poemas que aquí se recollen. Un libro verdadeiramente excepcional no que é un diálogo, inaugural na nosa tradición, entre poesía e banda deseñada e do que, sen dúbida, cumprirá encargarse máis adiante.