Novidade (32): Michigan / Acaso Michigan, de Antón Reixa

Subitulado “Crónica de 18 días en coma“, velaquí o último de Antón Reixa. Un libro conmovedor e profundo, presentado como unha “fascinante historia sobre os límites”. Incorpóranse nel textos de Chus Pato e Daniel Salgado.

Este vídeo que abaixo se reproduce relata tamén o proceso dos seus dezaoito días de coma inducido, logo dun accidente de tráfico ocorrido en outubro de 2016. A voz é de Reixa, imaxes do realizador, Antonio Segade, e banda sonora de Anxo Graña.