Novidades (35): Premios Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

Baía Edicións puxo en circulación, hai poucas datas, os dous títulos que resultaron galardoados aex aequo na primeira convocatoria do Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Este son A reconquista, de Antía Yáñez, con ilustracións de Ana Pedreira e mais Vermella, de Sabela Losada Cortizos, con ilustracións a cargo de Minia Regos. Este última céntrase nun tema como é a menstruación “desde unha perspectiva de indagación case que policial e divertimento”, segundo fontes da editorial. Tamén respecto do primeiro infórmase do exemplo que supón este volume arredor da “resolución positiva dos conflitos que xorden no propio contorno”.