Un día, de Son Trío

Coñecín persoal e fugazmente a Su Garrido Pombo esta pasada semana -grazas, Iolanda!- en Vigo e non puiden darlle as grazas por este fantástico vídeo que protagoniza con Son Trío a carón de Katerina Linke e Susanna Blanco que descubrín hoxe por casualidade na rede. Imaxes, voces e música irmandadas pola poesía de Celso Emilio Ferreiro a navegar pola cidade de Vigo. Probablemente non faga falta dicir máis, tan só gozar con este traballo. Estou certo que Celso apalparía o bigote e aplaudiría con emoción.