O meu prezado Antonio Piñeiro, de quen sigo con interese a súa traxectoria creativa desde hai tempo, foi galardoado co Premio Torrente Ballester o ano pasado coa novela A través do fume, que chega estes días ás librarías da man da Editorial Galaxia.
A de Piñeiro sempre é unha voz que pasa por moitos filtros, evocativa e sempre intensa, que cómpre coñecer para nos recoñecer nela en tantas ocasións.