Novidade (39): Dezanove badaladas, de Anxo A. Rei Ballesteros

Galaxia rescata a primeira novela de Rei Ballesteros escrita entre 1969 e 1970: Dezanove badaladas. Un texto que axuda a entender o brillante e singular percorrido creativo do autor. Segundo a información da editorial: ” conta o deambular nocturno de Nolo, que deixou a aldea e sae da casa na compaña de tres amigos para se divertir con fartura gastando a súa primeira paga mensual de obreiro. Coma unha estadea urbana que se ensume no corpo da noite, a novela traza o percorrido dos personaxes arredor dun desacougo íntimo que o inza todo. A sensación estraña de sentirse foráneo -fóra de lugar- na propia vida. Viaxe ao cabo da noite, paseo polo pracer e a morte, novela de aprendizaxe e metáfora da existencia, velaquí o preludio esencial á obra dun autor maior”.