Novidade (45): Pippi Mediaslongas embarca, de Astrid Lindgren

Acoller a referencia da saída dun novo título de Astrid Lindgren en lingua galega, e se se trata de Pippi aínda máis,  supón sempre unha alegría. Nesta ocasión Pippi Mediaslongas embarca, traducido por David Á. Álvarez Martínez, ilustrado por Ingrid Vang Nuyman e editado por Kalandraka, continúa un camiño que moito me gusta que se siga a transitar: ese de volver a ollada a un texto que os anos fan que se enriquece por si mesmo.