Retorna María Reimóndez á actualidade literaria e faino con O xeito das froitas, en oqueleo, unha proposta para lectoras e lectores de menos de oito anos -con fantásticas ilustracións de Alicia Varela- que se singulariza, como indican fontes editoriais, á maneira dun libro “rebelde que fala doutras maneiras de vivir dende o humor, a fantasía e a esperanza”. Sexa benvido.