Novidade (48): O doutor Proctor e os pos botapeidos, de Jo Nesbø

Desde Sushi Books, e en tradución de Moisés Barcia, chega este iconoclasta e irreverente O doutor Proctor e os pos botapeidos, de Jo Nesbø, escritor e  músico noruegués. O libro é o primeiro dunha serie composta por dous volumes que narra as aventuras dun profesor e inventor con moitas claves de humor e continuos golpes imaxinativos.