Sempre é un pracer asomarse ao que Paula Carballeira escribe. Nesta ocasión Edicións Positivas ofrécenos Hai quen escolle os camiños máis longos onde, en cinco seccións, a autora opta por reescribir mitos e contos de todas as tradicións para falarnos de nenas coa carapucha vermella, de nenas de pel brancca como a neve, de nenas que atopan a a bruxa da casa de chocolate ou doutras que dormen cen anos, alén de atoparnos poemas que din cousas como esta:
O camiño máis curto
Acaba en seguida
E con el
A viaxe
Na que te vistes doutra persoa
Que es ti tamén
Con outra roupa
O poemario está a ter moito éxito nesta bisbarra. Se o queres mercar con desconto, podes facelo seguindo esta ligazón: http://www.centrallibrera.com/libro/hai-quen-escolle-os-caminos-mais-longos_354046