GalizAmérica chega a Chapela (Redondela)

Continúa o seu camiño a mostra GalizAmérica. Nesta ocasión visitará, do 15 de novembro ao 2 de decembro, o Auditorio de Chapela (Redondela) e mañá estaremos na súa inauguración, ás oito do serán, a carón de Carmen Carreiro e outras autoridades.

Ao tempo, o profesor e investigador Uxío-Breogán Diéguez impartirá nesta acto unha conferencia sobre o exilio nacionalista galego e achegarase a dous asuntos de capital relevancia neste aspecto como son o nacemento e evolución da Irmandade Galega e do Consello de Galiza. Asemade, o día 18, no mesmo lugar, proxectarase o filme “A cicatriz branca”, dirixida por Margarita Ledo Andión.

De ser posible sería estupendo vernos mañá.