Horizontes da memoria: verdade, xustiza e reparación

Celebrouse hoxe, na Auditorio do Areal de Vigo, a primeira das conferencias do ciclo que Amnistía Internacional Vigo organizou en tributo á figura de Dionisia López Amado, Nai de Plaza de Mayo.

O relator, Ignacio Jovtis (á dereita da fotografía), presentado por Alberto Estévez, impartiu unha conferencia verdadeiramente inesquecible realizando unha revisión sobre a esa viaxe de ida e volta que deu, e dá, a xustiza internacional na procura, xustamente, de reparación. Jovtis, no fondo, apelou a que a xustiza deixe de ser nómade, a que actúe contra a impunidade que, en México, Arxentina ou no Estado Español, tantos crimes de estado e xenocidios están por resolver xudicialmente. Un alegato, ao tempo, sobre a relevancia que o papel e a loita que Dionisia López Amado e outras Nais de Plaza de Mayo realizaron hai tanto tempo e que, no fondo, alicerzan boa parte do que se conseguiu no camiño de acadar a dignidade do ser humano a través do cultivo da memoria e o devezo de xustiza e, volvo reiteralo, de reparación.