Baixo o título de Vivir a galope chega a este blog a agardada autobiografía de María Xosé Queizán, un texto que a súa autora presenta deste xeito: «Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actúo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a actuar para non interromper o labor».
Non dubido que se trata dunha proposta memorialística e vital de obrigada lectura. Sexa benvida!