Novidade (53): As voces da auga, de Ánxela Gracián

Doulle a benvida a As voces da auga, da tradutora, poeta e narradora Ánxela Gracián, libro galardoado no Premio Meiga Moira 2018. Un novo paso da escritora de Castroverde no ámbito da literatura xuvenil que, en palabras da editirial Baía Edicións: “destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos”.