Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novidade (55): Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz

Con ilustracións de Laura Tova chega a este blog Música no faiado, do meu bo amigo Miguel Ángel Alonso Diz. Alégrome moito ver este libro editado pois sei da enorme ilusión que ao seu autor lle facía. Un libro que abre un camiño que, sospeito, Miguel Ángel seguirá transitando como é o da narrativa, tanto ten sexa infanto-xuvenil ou non. Polo de agora gocemos con este libro, escrito con sensibilidade e contención onde a música ocupa un papel protagonista a carón do desvelamento dunha historia familiar anoada cos fíos da memoria, aquén e alén mar. Moitos parabéns.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: